Monday 29 de April de 2024

O Concello de Cerdido publica a súa situación económica como exercicio de transparencia para facilitar o acceso á veciñanza


• O actual goberno tomou posesión do cargo cun saldo de 153.015 euros

O goberno de Cerdido vén de facer públicas as súas contas durante o exercicio 2023 co afán de dar a coñecer á veciñanza a situación actual da tesourería e, deste xeito promover un exercicio de transparencia.

Segundo os datos recabados pola área de tesourería, a administración local contaba ao 1 de xaneiro de 2023 cun saldo total de 564.239 euros. Durante os seguintes seis meses o Concello ingresou, sobre todo por achegas doutras administracións, a cantidade de 533.360 euros, incrementando o saldo ata os 1.087.900 euros.

Nese mesmo período, os gastos municipais ascenderon a 932.178 euros, o que implica que cando o executivo actual tomou posesión do cargo na conta do Concello, o importe era de 153.015 euros.
Nos libros de contas tamén figura un crédito contratado polo anterior goberno con Abanca, por valor de 154.777 euros para facer fronte a gastos ordinarios. Como gasto significativo, durante o mes de xullo o Concello pagou a parte final da obra do alumeado público, pertencente á subvención do IDAE, por valor de 230.000 euros.

O alcalde, Alberto Rey, declarou que “iremos publicando periódicamente o estado das contas do Concello, facendo un exercicio de transparencia para que a veciñanza poida estar ao tanto dos movementos económicos efectuados”.